martes 18 de diciembre de 2007

PRESENTACIÓN EN MADRID DE O SORRISO DO DIAÑO

A CARICIA DA SERPE inicia a xira de presentación do seu novo disco O SORRISO DO DIAÑO (La sonrisa del diablo), na CASA DE GALICIA de Madrid. O próximo día 19 de decembro, mércores, ás 20:00 h., será o pistoletazo de saída do seu novo traballo. Doce temas conforman esta nova entrega, nela inclúense poemas e cancións escritos por Lino Braxe e musicados por Rómulo Sanjurjo e Miguel Ladrón de Guevara. Con respecto a anteriores traballos, O sorriso do diaño aposta moito máis pola música orixinal e ofrece menos versións. En canto aos contidos, o grupo, tenta achegarse aínda máis ás preocupacións dun mundo que cada vez se lles antolla máis devastado e derruido. Un disco de esperanza pragmática. Isto é: a esperanza hai que currala, non vale agardar por ela. O barco da nosa civilización vai á deriva e precísase dunha nova tripulación para endereitar o rumbo. Blues, Pop, Rock, Reggae, Flamenco... Referencias a bandas sonoras cinematográficas, cancións populares revisadas e tangos se o desexan, ista é a oferta. A poesía como motor dunha maneira de camiñar pola vida. Calor no escenario e paixón poética sen autocensuras. O abismo do delirio ou o delirio do corazón, vostedes escollan o calificativo. A música de A Caricia da serpe é difícil de clasificar. Asistir aos seus concertos en directo é o xeito de poder achegarse ao que queren comunicar.
A CARICIA DA SERPE inicia la gira de presentación de su nuevo disco O SORRISO DO DIAÑO (La sonrisa del diablo), en la CASA DE GALICIA de Madrid. El próximo día 19 de diciembre, miércoles, 20:00 h., será el pistoletazo de salida de su nuevo trabajo. Doce temas conforman esta nueva entrega, donde se incluyen poemas y canciones escritos por Lino Braxe y musicados por Rómulo Sanjurjo y Miguel Ladrón de Guevara. Con respecto a anteriores trabajos, O sorriso do diaño apuesta más por la música original y ofrece menos versiones. En cuanto al contenido, el grupo, intenta acercarse aún más a las preocupaciones de un mundo que cada vez se les antoja más devastado y derruido. Un disco de esperanza pragmática. Esto es: la esperanza hay que currarla, no vale esperar por ella. El barco de nuestra civilización va a la deriva y necesitamos una nueva tripulación para enderezar el rumbo. Blues, Pop, Rock, Reggae, Flamenco... Referencias a bandas sonoras cinematográficas, canciones populares revisadas y tangos si lo desean, esta es la oferta. La poesía como motor de una manera de caminar por la vida. Calor en el escenario y pasión poética sin autocensuras. El abismo del delirio o el delirio del corazón, ustedes escojan el calificativo. La música de A Caricia da serpe es difícil de clasificar. Asistir a sus conciertos en directo es la mejor forma de acercarse a lo que quieren comunicar.

lunes 12 de noviembre de 2007

PRESENTACIÓN DE "O SORRISO DO DIAÑO"

O vindeiro Xoves 27 de Decembro, presentarase no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, o novo CD de A CARICIA DA SERPE, titulado O SORRISO DO DIAÑO.

miércoles 7 de noviembre de 2007

PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO

Xa temos as datas de presentación mundial do novo disco de A CARICIA DA SERPE, titulado O SORRISO DO DIAÑO.

19 de Decembro, MADRID, CASA DE GALICIA.
21 de Decembro, FNAC A CORUÑA

Seguiremos informando

jueves 18 de octubre de 2007

A CARICIA DA SERPE E COMIDA CHINESA

A CARICIA DA SERPE, pon música á obra de teatro COMIDA CHINESA, montada por Teatro do Adro, protagonizada por Josito Porto e Mónica García e dirixida por Lino Braxe, sobre un texto de Pedro Angel Ramos García. A estrea será no Auditorio de Vilagarcía a fin de semana do 19 e 20 de Outubro, incluída na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

martes 2 de octubre de 2007

NOVO DISCO DE A CARICIA DA SERPE

Dende o mes de Agosto, o grupo está inmerso na gravación do novo disco que levará por título O SORRISO DO DIAÑO. Neste mes, esperamos rematar as misturas e o deseño para poder presentalo en Decembro.

viernes 22 de junio de 2007

A CARICIA DA SERPE na Sala Iago de Compostela

O vindeiro mércores 27 de Xuño, ás 21 horas, A CARICIA DA SERPE, participará na festa que se celebrará na Sala Iago de Santiago de Compostela, con motivo do seu peche.
Non faltes, ho !!

miércoles 30 de mayo de 2007

A CARICIA DA SERPE


A Caricia da Serpe son: Lino Braxe, Miguel Ladrón de Guevara, Xosé Luis Saqués e Rómulo Sanjurjo. Xuntos presentan o seu primeiro traballo discográfico homónimo composto de "narraciones musicadas que animan conciencias". O CD está producido por Wonderland Discos.

A Caricia da Serpe comezou a súa andadura polo ano 1998. Nesta xa longa carreira de éxitos leva dados cerca de 200 concertos nos que Lino Braxe , Miguel Ladrón de Guevara, Rómulo Sanjurjo e Xosé Luis Saqués seguen acariciando os oidos e mordendo conciencias.

A Caricia é unha formación multidisciplinar; Saqués viña do eido do rock, ainda que tamén estivo está á música medieval; Miguelón ofrece a imaxen máis popular, participou en grupos de flamenco, fados e é músico, con moi boa reputación, de orquesta; Lino Braxe é imposible clasificalo nun estilo ou nun traballo concreto. Poeta, actor e director de teatro, columnista de prensa, colaborador de radio e TV,... . O cuarto "caricia da serpe" (o último en chegar á formación, no ano 2000), Rómulo Sanjurjo, é membro fundador do grupo bravú Os Diplomáticos de Monte Alto. Actualmente, comparte con Julián Hernández (Siniestro Total) o proxecto Transportes Hernández y Sanjurjo.

Por iso é imposible encasillar a música deste singular cuarteto. Realmente é poesía mesturada con cancións, literatura sonora, concerto poético,..... Hai un sentido radiofónico e teatral no seu espectáculo: historias, humor, música entran na batidora creativa para dar A Caricia da Serpe. Se trata, por momentos, de achegar a poesía ó gran público, sen renunciar ó teatro na súa singularidade e ó refinado gusto musical pola diversidade. Cousa que agora se ven a chamar "música fusión". Sin embargo, A Caricia da Serpe é, verdadeiramente, un espectáculo, non un libro. E nese espectáculo tamén entran moitos universos musicais como a rumba, o rock, o tango, o pop,....

En A Caricia da Serpe hai tamén un arraigado concepto de grupo, como se se tratase dunha formación rockeira. E este estilo tan indefinible plásmase na súa ansia poética e na súa orixinalidade. Ainda que é imposible a catalogación formal do espectáculo, pódense ver en Friul (rexión de Italia) o estilo chamado Trastolóns no que as ansias libertarias misturanse co speach inglés (tan de moda agora nas nosas televisións nos chamados monólogos). Así é que A Caricia da Serpe ten algo tamén da xeración beat, de Lou Reed, de Cage,...